Hoxe é o día das Letras Galegas, un día especial para todos nós. E para facelo ainda máis, participamos un ano máis no torneo do RC Deportivo.

Nesta edición participaron, 4 equipos, os dous Prebenxamíns e Benxamíns, acadando dous deles por primeira vez a fase de eliminatorias, onde o Benxamín A chegou ós Cuartos de Final.

Estamos moi orgullosos de todos eles, dos adestradores e das familias que os acompañaron durante toda a xornada. Non cabe dúbida de que cando fas as cousas con cariño os resultados chegan sen buscalos.