Cal é o noso labor ou actividade?
Contribuír á formación deportiva dos nosos mozos e mozas, inculcando uns valores que lles sirvan para ser MELLORES PERSOAS e saiban afrontar mellor os retos que lles depare a vida, fomentando así o bo uso do tempo libre e mellorando a súa calidade de vida.
Que nos diferencia doutros equipos?
Diferenciámonos doutros equipos en que o noso obxectivo principal é que os nenos e nenas GOCEN practicando o seu deporte favorito e, sobre todo, que sexan FELICES, evitando calquera tipo de PRESIÓN por gañar.
“Representar, transmitir e contaxiar os valores do club.”
Obxectivo?
Ensinarlles que a súa META será SEMPRE facer as cousas O MELLOR QUE POIDAN. Se iso implica facelas mellor ca outras persoas ou mellor que anteriormente, XENIAL!!
A nosa filosofía?
- Inculcar unha COMPETITIVIDADE SA consigo mesmos á hora de comportarse ben.
- Mostrar un EXCELENTE COMPORTAMENTO, respectando sempre a tod@s.
- Un bo comportamento será PREMIADO polo adestrador.
- Deben aprender a NON COMPARARSE cos seus compañeir@s.

