Por acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Oleiros, na sesión extraordinaria, celebrada o día 30 de xuño de 2022, concedeuse ao Club de Fútbol Santa Cruz, unha subvención por importe de 13.458,00 euros, a efectos de levar adiante o desenvolvemento da LI edición do torneo municipal de fútbol Concello de Oleiros, nas categorías masculinas e femininas, asinándose ao respecto un convenio de colaboración en materia deportiva.
Os conceptos para os que se concedeu a subvención abranguen os premios aos equipos participantes en ambas as dúas categorías que se distribúen do seguinte xeito: Os catro equipos finalistas percibirá cada un deles a cantidade de 1.152,00 euros e o resto de equipos participantes percibirán 765,00 euros cada un; así como os gastos derivados das arbitraxes.
O que se fai público a efectos de cumprimentar o disposto na cláusula III do convenio asinado.
Santa Cruz, 26 de outubro de 2022
Segundo decreto da alcaldía n 2022006117, de 14 de decembro de 2022, o Concello de Oleiros concediunos unha subvención por importe de 7.000,00€ (sete mil euros) para o seguinte concepto:
Costes laborais de adestradores e coordinadores no marco da práctica do fútbol federado e base.
Categorías: 2a autonómica aficionado, liga feminina fútbol 7 A Coruña, xuvenil, cadete, cadete 2° equipo (setembro – decembro), infantil, infantil 2° equipo, infantil feminino, alevín, alevín 2° equipo, alevín 3° equipo (setembro – decembro), benxamín, benxamín 2° equipo, prebenxamín e prebenxamín 2° equipo.
Un ano máis queremos agradecer ao Concello de Oleiros a súa colaboración e fomento do deporte local dende os máis cativos.