O Santa Cruz CF de Benxamíns participou o día 8 de Xuño no torneo organizado polo Cristo Rey e polo Atlético Perillo.

Este torneo consistía nunha semifinal, un partido de terceiro e cuarto posto e final. O Santa Cruz quedou emparellado co Cristo Rey, e ás 11h disputaron o encontro, aínda que o Santa non resultou gañador fixeron un xogo bonito, sobre todo na primeira parte e en continuo progreso xa que cada vez teñen un xogo máis combinativo e de toque.

No segundo partido o Santa Cruz xogábase o terceiro posto co Eirís. Os presentes poden asegurar que este encontro foi do mellor que se viviu esta temporada xa que nel encontrouse emoción, remontadas, goles e tensión. Os nosos pequenos guerreiros comezaron gañando 1-0 pero por mor de varios despistes poñeríanse perdendo 1-3, conseguindo empatar máis tarde. Co 3-3 no marcador e a falta de 5 minutos todo indicaba que terían que ir a penaltis, pero outra vez por dous despistes o Eirís volvería a coller vantaxe cun 3-5 e a falta de dous minutos. Pero non contaban que o Santa Cruz pelexaba ata o final e tirando de épica empatarían o partido na última xogada e de falta directa, moi ben executada por Hugo Griñán. 5-5 chegaban os penaltis.

Nervios e tensión, pero os xogadores estaban seguros e mentalizados. Demostraron esta seguridade gañando a quenlla de penaltis por 4-3. O Santa Cruz facíase coa terceira posición, que emoción!!

Participaron neste Torneo:

Alex, salvou goles que permitiron acadala terceira posición, parou un penalti moi importante.

Antón, parecía un pequeno “Puyol”, moi seguro ao corte, cómo loita!

Manuel, nunca perdeu o sitio, sempre ben colocado.

Javi, os rivais chegaron a pensar que había varios Javieres, estaba arriba, abaixo, a esquerda e á dereita, menuda moto!

Hugo e Nico Ferreira, repartiron xogo tanto desde abaixo coma preto do área rival, que calidade!

Hugo Griñan, disfrazouse ao máis puro estilo “Falcao”, meteu unha falta no desconto que permitiu ir a penaltis e ademais meteu o derradeiro penalti, qué clase ten!

Steven, xogou con clase e ao primeiro toque, non se complicou nada, moi ben o prebenxamín!

 

Felicidades aos xogadores polo xogo despregado e pola loita ata o final, pareceron uns verdadeiros tigres. Noraboa ao Perillo por gañar na gran final. Agradecemos tamén ao Atlético Perillo e ao Cristo Rey o trato fenomenal que nos ofreceron, e sobre todo grazas aos pais e nais, que sen eles isto non sería posible.

 

¡¡¡SANTA SANTA CRUZ!!!

Galería de Fotos: