1-4 foi o resultado do primeiro amigable dos xogadores de Pablo Roca fronte a un recén ascendido coma o Sigrás, que deu bastante guerra durante os primeiros minutos, pero que finalmente se viu superado pola grande pegada dos azulgrana.
Tras varias semanas de «dura» preparación física nas areas de Bastiagueiro, os pupilos de Pablo tiñan ganas de tocar algo de balón e volver a recuperar as boas sensacións do final da temporada pasada. O once inicial que saltou ó céspede do Dani Mallo presentaba poucos cambios con respecto ao equipo da pasada tempada: Nano sustituía a Xabi na portería e unha das fichaxes estrela do verán, Óscar, reemplazaba a Alberto «Rebo» no mediocentro.
Nos primeiros minutos, o Sigrás saíu moi forte, tocando rápido, creando peligro polas bandas e utilizando ao seu dianteiro para pelear e peinar os patadóns dende a zona defensiva cara o seu trío de mediapuntas. O Santa estaba aínda medio adormilado, e froito de esa relaxación chegou o gol do Sigrás, cun balón en profundidade que o dianteiro introduciu na porta de Isaac.
Tras esos primeiros minutos de despiste xeral, o partido foise igualando. Ó Sigrás costaballe máis crear peligro, pero o Santa tampouco conseguía chegar arriba con claridad. Co paso dos minutos o Santa íase atopando máis cómodo e empezaba a chegar con maior peligro á portería dos locais. Tras varios erros dos dianteiros de Pablo Roca, o gol chegaría a balón parado, cun maxistral lanzamento de córner de Luisete, que conseguía así un gol olímpico. Co 1-1 remataba a primeira parte.
Na segunda parte o Santa saíu moito máis enchufado e non tivo rival nun Sigrás que se foi diluindo co paso dos minutos e ó que se lle esgotou o físico demasiado rápido. Luis novamente, Necho (cun golazo espectacular de volea) e Carlos de gran xogada colectiva foron os autores dos 3 goles que conseguiron os azulgrana na segunda parte.
Destacar o gran partido dos xogadores a proba Carlos, Jano e Abel, que xogaron un partido moi serio e demostrando que teñen sitio de sobra na plantilla. Tamén salientar o debut de Alberto Prado, modesto de primer ano, que realizou unha gran labor no lateral esquerdo no seu debut cos modestos.
A xeira de amistosos continuará durante as próximas semanas, nas que tamén se xogaran os partido da Copa de Oleiros. Seguiremos informando sobre toda a actualidade do equipo nos próximos días.