Que queremos lograr?
Queremos formar mozos e mozas alegres e responsables, dándolles respecto e agarimo, xa que traballamos nun ambiente onde o CONCEPTO DE FAMILIA é moi importante.
Para que?
Para crear e manter distintas categorías de xogadores e xogadoras, xerando un equipo de monitores e adestradores que transmitan os COÑECEMENTOS TÉCNICOS e os VALORES AXEITADOS.
Onde queremos estar no futuro?
- A curto prazo encantaríanos levar a cabo un proxecto no que, ademais dos coñecementos deportivos, todo o equipo humano pertencente ao club puidese recibir formación en PRIMEIROS AUXILIOS E DESA, de tal xeito que en calquera terreo de xogo sempre haxa un técnico dispoñible en caso de accidente deportivo.
- Dotar cada categoría dunha BOTICA AXEITADA ao seu rango de idade e dunha completa para a instalación.
- Adquirir un DESA.
- Dispoñer de CONVENIOS DE COLABORACIÓN que beneficien tanto os nosos socios como os negocios locais.

