A historia do Santa Cruz C.F. divídese en dúas etapas: antes da Guerra Civil (1936) e a partir de 1941.
A principios dos anos 30, o equipo da parroquia de Liáns, chamado El Arenas, comezou a xogar os seus primeiros partidos no campo “O Loural”, en Franzomel, con vestimenta branca e azul. Máis tarde pasou a xogar no campo “A Horta de Pechero” e, pouco despois, en “O Terreo de Vicente”. Desta época destaca un dato curioso: a gardameta era unha muller chamada Irene. Máis tarde, o equipo pasou a chamarse Olímpico.
En 1958, o club pasou a chamarse Santa Cruz C.F. e comezou a xogar no campo de As Brañas, chamado “Canta Larrana”. Dous anos máis tarde, cambiáronse as cores do equipo ás azulgranas debido a unha doazón do Sr. Tamburini, directivo do F.C. Barcelona.
En 1971 construíuse o campo de “As Galeras”. Doce anos máis tarde, en 1983, o Santa Cruz proclamouse campión da Copa de Oleiros. Esta xeración de futbolistas conseguiu ascender un ano máis tarde a 2ª Rexional e, por se fose pouco, ao ano seguinte, en 1985, logrou subir de novo de categoría con Nardo como adestrador.
Debido á urbanización dos terreos de Bastiagueiro, construíuse o novo e definitivo campo de “Os Regos”, onde o Santa Cruz C.F. conseguiu en 2012 un novo ascenso a 2ª Autonómica e proclamouse subcampión da Copa de Oleiros, tras perder pola mínima (2-1) fronte ao Dorneda de 3ª División.
En marzo de 2014, o Santa Cruz foi galardoado cunha camiseta asinada e dedicada por todo o cadro de xogadores do F.C. Barcelona, pola súa curiosa anécdota do ano 1960.
En abril de 2014, o Santa Cruz foi galardoado cunha camiseta asinada e dedicada polo dianteiro internacional do Málaga Roque Santa Cruz.
Himno del Santa (enlace)
Fotos históricas:

























































