Concello de Oleiros
Segundo decreto da alcaldía n 2023006091, de 4 de decembro de 2023, o Concello de Oleiros concedeunos unha subvención por importe de 7.000,00€ (sete mil euros) para o seguinte concepto:
Costes laborais de adestradores e coordinadores no marco da práctica do fútbol federado e base.
Categorías: 2ª autonómica aficionado, liga feminina fútbol 7 A Coruña, xuvenil, cadete, cadete 2° equipo, cadete feminino (setembro – decembro), infantil, infantil 2° equipo, infantil feminino (xaneiro – xuño), alevín, alevín 2° equipo, alevín 3° equipo (xaneiro – xuño), alevín feminino (setembro – decembro), benxamín, benxamín 2° equipo, benxamín 3º equipo (setembro – decembro), prebenxamín e prebenxamín 2° equipo.
Un ano máis queremos agradecer ao Concello de Oleiros a súa colaboración e fomento do deporte local dende os máis cativos.