Desde o ano 2016, tras o bautizo do campo de fútbol de Os Regos co seu nome, o club organiza cada ano un torneo de categoría prebenxamín en homenaxe a Leonardo Maceira, unha persoa que dedicou parte da súa vida ao club.
Este torneo celébrase sempre no mes de decembro e conta coa participación de equipos da comarca da Coruña, como o Olímpico de Rutis, o Arteixo, o Sporting Burgo, o Montañeros, o Paiosaco ou o Atlético San Pedro, entre moitos outros.
Os equipos participantes son convidados a comer e, ademais da medalla, reciben un pequeno agasallo como recordo da súa participación.
